Ola de novo, familias!
Que tal leváchedes a volta á rutina no pasado mes de setembro?
Nós xenial, porque sempre o levamos fenomenal.
E para que nos creades, aquí vos deixamos unhas fotiños do periodo de adaptación.
Exploramos a nosa aula 7, de recanto en recanto: cociña, bonecas, coches, pezas…
Xa contamos algún que outro conto e historias varias…
E xa comezamos cos bailongos! Por agora libres e opcionais, que ainda temos moito tempo para ensaiar.
Ata nos sobrou tempo para xogar coa plastilina e enfiar!
Ademais, mentras @s demais nen@s do noso nivel, necesitaban máis tempo para adaptarse ós diferentes espazos da escola, nós tiñamos todo o xardín para nós soliños!
Xogamos coas bicis, motos e coches no patio cuberto e tamén xogamos no areeiro e no tobogán.
E tamén comezamos a trouleaaarrrr!!!!