Aquí estamos de novo, divertíndonos un montón na escola.
Este mes temos que comezar agradecendo a colaboración de Virginia, a mamá de Noa, que veu contarnos un conto á aula, para conmemorar o día do libro. Moitas grazas!
Fixemos unha actividade con xelatina, e descubrimos que ten unha textura moi diferente. Probámola…e…gustounos a case todos! Pero ó rematara tiñamos as mans pegañentas.
Manipulamos verduras: apio e leituga; e por suposto…PROBAMOS TODO! Tamén manipulamos pétalos de flores cos amigos da sala das nubes:
Unha actividade que nos encantou foi o obradoiro de tacto… cos PÉS! Na aula había alfombras de diferentes texturas e tamén pelotas con pinchos. Pasámolo moi ben, e como nos escnta andar descalzos alargamos un pouquiño o obradoiro!
Aquí seguiremos traballando; que estamos rematando o curso! Ata pronto familias