Familias, que tal?
Nós fenomenal!
Aquí estamos novamente para mostrarvos as nosas aventuras mil, do mes de abril.
Comezamos traballando o mundo dos caracois… con contos, cancións, pinturas… Mirade que círculos tan perfectos pintamos para facer a súas cunchas-casiñas…

Tamén os decoramos ó estilo do elefante Elmer, con moitas cores!!! E para iso pegámoslle gomets redondos, redondiños, coma as súas casiñas.

Pero as sorpresa deste mes, apareceron no xardín. Un día apareceu unha choiva de pétalos, e outro día a visita duns caracois. Puxémoslles nome (BABAS e FLASH) e subímolos ó terrario da entrada, xunto cos caracois da sala 3, por se lles queredes dar unha visita.

como non podía ser doutra maneira, neste mes tamén nos acompañou a música… A “profe” Ali, sorprendeunos cunha alegre foliada e soltámonos a bailar….

E outro día collemos nos os intrumentos musicais para compoñer unha harmoniosa melodía. Música celestial para os oídos de Dolo e Lidia.

Tamén nos desorientamos entre os laberintos que nos mesmos montamos.

E para rematar…
Unhas brochetas de fresas e… NUBES!
que comemos sen rechistar!

Ata outra, familias!