E chegou febreiro, co seu entroido, as súas larpeiradas e moitas sorpresas!
Pero non todo é festa e diversión, tamén traballamos un montón!
Pintamos un ceo de nubes con algodón.
E despois, pintamos unha choiva de cores facendo gotiñas cos nosos dediños…
e algún que outro chaparrón!

E fixemos máis ceos, con nubes e arco iris, utilizando tubos de papel hixiénico. Logo convertémolos en trompetilla de entroido que tivemos que aprender a soprar.

Como xa sabemos o que é un arco iris (tamén chamado arco da vella) puxémonos a pintar coas súas cores antifaces en forma de bolboretas.

Pero non só adornamos as actividades e a escola, nós tamén nos adornamos moito, con todo o que nos mandou o Meco!
