Oleiros, a 15 de febreiro de 2017
Ola familias!
Se neste Entroido queredes troulear
ata a Canteira vos teredes que achegar,
xa que unha visita moi especial
a todos nos vai implicar.
Na semana do 20 ao 24 no MECO te has de fixar
para saber de que cousa te terás que disfrazar.
Un poema vos mandamos, con pistas para adiviñar
que elemento leva o MECO, ese día pola mañá.
Cada día da semana, o elemento debedes elaborar
para que @s nen@s ó día seguinte, nolo poidan amosar.
Se ben o queredes pasar, non esquezades colaborar
para neste Entroido, @s nen@s disfrazar.
Grazas por participar!