O DISFRAZ DO NIVEL II

Ola familias:

 

Xa temos listo o modelo de disfraz para a festa do Entroido.

Como xa sabedes, este curso estamos a traballar “A Natureza” e os seus elementos, así que a aula 3 iremos disfrazados de soles e a aula 4 de nubes.

O material para confeccionar o disfraz deixámolo na percha dos vosos nenos e nenas e tamén vos deixamos un modelo de disfraz como exemplo.

Se tedes calquera dúbida, consultade coas vosas titoras.

AULA DOS SOLES (3)
Material que levades: 

  • Círculo e cartóns amarelos para os raios de sol
  • Rafia para a montaxe

 

Roupa para levar debaixo do disfraz:

  • Camiseta e pantalón ou pantis de cor branca

 

 Nota: Podedes personalizar o disfraz como queirades, non ten que ser unha copia exacta do modelo.

 

 

AULA  DAS NUBES (4)
Material que levades: 

  • Bolsa azul para o tronco
  • Aeronfix branco para a nube
  • Aeronfix de cores (rosa, verde, vermella e amarela) para as gotiñas de auga
  • Ollos de pegatina para personalizar a cara da nube

 

Roupa para levar debaixo do disfraz:

  • Camiseta e pantis ou pantalón de cor branca ou azul

 

 

 Nota: Podedes darlle volume á nube poñéndolle papeis ou algodón por debaixo e tamén podedes personalizar o disfraz como queirades, non ten que ser unha copia exacta do modelo. E se necesitades máis material, non dubidedes en pedilo.

 

Vémonos cos nosos “modelitos” na festa do venres 24!

Tamén vos invitamos ás familias a que veñades disfrazadas de nubes, soles ou do que queirades!

Graciñas pola vosa colaboración!

DISFRAZ DE SOL DISFRAZ DE NUBE