O DISFRAZ DO NIVEL III

Ola familias:

 

Xa temos listo o modelo de disfraz para a festa do Entroido.

Este ano como ven sabedes na escola estamos a traballar “A Natureza” e na aula 5 iremos de árbores, a aula 6 de mazás e a aula 7 de vermes.

O material para confeccionar o disfraz deixámolo na percha dos vosos nenos e nenas e deixamos un modelo de exemplo de cada aula.

AULA  DAS ÁRBORES (5)
Material que levades: 

  • Media bolsa marrón para o tronco
  • Papel celofán verde
  • Aeronfix verde
  • Goma Eva para a cabeza
Roupa para levar debaixo do disfraz

  • Pantalón ou pantis de cor marrón
  • Camiseta marrón

 

 

 

AULA  DAS MAZÁS (6)
Material que levades: 

  • Bolsa vermella
  • Aeronfix verde

 

Roupa para levar debaixo do disfraz

  • Pantalón  ou pantis de cor negra ou azul escura
  • Camiseta  negra ou azul escura

 

 

 

AULA  DOS VERMES (7)
Material que levades: 

  • Tela verde
  • Fieltro vermello, se non tedes un gorro vermello.
  • Limpiapipas para as antenas.
  • Goma negra.

 

 

 

 

 

Roupa para levar debaixo do disfraz

  • Pantalón ou pantis de cor verde ou marrón.
  • Camiseta de cor verde ou marrón.

 

sala 7 sala 5 sala 6