A FESTA DE ENTROIDO

Ola familias!

 Con motivo da chegada da festividade do Entroido, a Escola Infantil “A Canteira” achégavos a programación de actividades que vos ofrecemos para desfrutar destas datas:

 

  • Do día 20 de febreiro ao 24 de Febreiro, contaremos coa visita dunha personaxe típica do Entroido galego; o Meco, do que xa vos informaremos máis adiante.
  • O vindeiro 24 de Febreiro de 16:30 – 18:30 horas, será a festa de Entroido onde representaremos un pequeno conto. Para dita celebración os nenos e nenas deberán vir disfrazados da casa co disfraz  que corresponda á súa aula.

Convidámosvos tamén a que veñades disfrazados igual que os vosos/as fillos/as ou con algo relacionado coa temática.

  • Xa para despedir estas festas, o luns 27 de febreiro, será o día do disfraz libre.

Precisaremos da vosa colaboración:

  1. traendo alimentos típicos destas datas, que todos e todas compartiremos con moito gusto na festa.
  1. participando na representación que se levará a cabo na festa facendo un pequeno papel. Animádevos, pasarémolo xenial. Quen queira participar deberá avisar ás titoras/titores da vosa aula para ir organizándoo todo.

 

Importante: Unha vez subamos ó patio non poderemos facer uso das cámaras durante a actuación para non interromper na mesma.

No caso de precisar os baños, os nenos poderán usar os do comedor.

Recordarvos tamén que esta escola permanecerá pechada o 28 de febreiro  por festividade local, e o día da festa pechará ás 15:00 horas

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo