Bos días, familias!
Cambiamos de mes e de ano, pero o Nadal seguimos celebrando!
Na sala das nubes seguimos manipulando material e adornos de Nadal: guirnaldas, bolas, campás…

E como nos gustan tanto as luces de Nadal, tamén fixemos xogos de luces dentro da aula

Pero unha das mellores sorpresas de xaneiro, foron as dos Reis Magos, que como nos portamos tan ben, tamén nos deixaron algo na escola: un conto de Nadal e unha caixa con chocolatinas de Nadal.

Pero logo decatámonos de que non é unha caixa calquera, é unha caixa máxica! Outro día apareceu con polvoróns dentro!
Como eran tantos, compartímolos cos soles da sala 3, e outro día eles compartiron con nós cereais de trigo. Todo riquísimo

Comer, comemos moito, sobre todo se é doce… pero tamén traballamos…
Con remolacha cocida pintamos un estampado que logo lle deron vida ós gorros de cumpleanos.

E tamén moldeamos con plastilina comestible e manipulamos pasta de sal…

Outra das sorpresas de xaneiro foi a visita das profes Nuria e Vero, que apareceron cun cesto cheo de obxetos relacionados con cancións. Cantan tan ben…

Tan ben cantamos todos, que pouco choveu, así que aproveitamos para saír ó xardín, porque o frío con algo de abrigo e un pouco de movemento, ben se espanta!
