Xa temos aquí as esperadas orlas do nivel II. Os soles e as nubes estamos ben guap@s, e así podedes coñecer a todos os compis dos vosos fillos e fillas.
Arquivos mensuais: Xaneiro 2017
ORLAS NIVEL III
OBRADOIRO COCIÑA NIVEL III
Obradoiros de doces de Nadal
Este mes aproveitamos a colaboración das familias para facer uns obradoiros de cociña, elaboramos uns doces navideños moi ricos, para degustar na festa de Nadal. Queremos dende aquí dar as grazas as Nais que viron a compartir conozco, pasámolo moi ben, e sodes sempre moi ben recibidas
DECEMBRO NA SALA DAS ÁRBORES
Ola familias
Xa temos as fotos do mes de nadal onde fixemos moitas actividades relacionadas co noso centro de interese: dende instalacións con elementos decorativos do Nadal ata obradoiros de cociña para degustar gaietas e outros doces na festa.
Tamén poidemos xogar co paracaídas e outras moitas actividades que cada vez nos gustan máis.
Un saúdo e ata pronto
DECEMBRO NA SALA 7
Ola!
Este mes de decembro tivemos moi presente o Nadal por iso moitas actividades estiveron enfocadas a traballar esta data como por ejemplo cantar panxoliñas, decorar bolsas recicladas, pintar noces para colgar nas cintas, facer a carta ós Reis Magos, festa, obradoiro de cociña…..
Tamén fixemos outras actividades moi divertidas e ahí vos vai unha mostra.
Espero que vos gusten!!
DECEMBRO NA SALA 6
Ola Familias:
este foi un mes moi intenso, fixemos un montón de actividades relacionadas co Nadal, decoramos a escola, fixemos obradoiros de bolsas de papel decoradas, pintamos árbores de Nadal, fixemos un boneco de neve, cantamos panxoliñas, tivemos obradoiros de doces de Nadal, e ademais continuamos coas instalacións e actividades da horta. E para rematar tivemos unha gran festa que o pasamos moi ben.
Un saudo
DECEMBRO AULA 1
DECEMBRO AULA 2
O SOL EN NADAL
O Nadal chegou pero con el non veu o frío, fixo moi bo tempo este mes, e os soles aproveitamos para saír ó xardín pero tamén para xogar na escola: cos túneles no corredor pasámolo xenial.
E manipular cousiñas de Nadal encántanos: bolas, cintas, guirnaldas,…
Preparamos unha bolsa para que nos deixaran os regaliños. pintámolas con rodillos e tamén coas mans, e logo as profes axudáronnos a decoralas.
O Nadal é tempo de doces, e a nós que nos encantan aproveitamos para almorzar turrón, panettone, e.. UVAS!Si, na escola celebramos o fin de ano anticipado: con badaladas, uvas, panxoliñas,…
Tamén preparamos os nosos doces: galletas de manteiga.. mmmm!que ricas nos quedaron!
Feliz ano novo familias!
AS NUBES EN DECEMBRO
Chegou decembro… e con el o Nadal!
E como non podía ser doutra maneira… contamos contos de Nadal, cantamos todo tipo de panxoliñas e démoslles o ritmo cos nosos intrumentos musicais.
Tamén fixemos unha árbore de Nadal pintando con piñas e pompóns
Decoramos bolsas para os agasallos, pintándoas con rodillos, estampando con esponxas e corchos…
Fixemos bombóns de Nadal para a festa… con chocolate branco, leite condensada, avelás e lacasitos… e por suposto, probamos todos os ingredientes!
E como somos moi comilóns, nos almorzos tamén comemos turrón brando e de chocolate, panetone… e UVAS!
Ensaiamos dous días para fin de ano, con corbatas e todo!