E chegou outubro coa súa natureza…
Xogamos con follas… e tamén con flores de outono, porque este verán non quería marchar.
Debullamos mazorcas de verdade para logo facer mazorcas xingantes.
Desmenuzamos granadas para poder comelas.
Pintamos unha choiva de outono coas súas cores.
Fixemos xogo heurístico cun montón de obxectos do outono e de refugallo…
E tamén disfrutamos moito do xardín, aínda que non teñamos fotos.
Mirade! Mirade!