











Ola familias!
Coma cada mes…os cangrexos queren ensinarvos a selección de fotos dalgunhas das actividades que fixemos! Coma sempre foi un mes moi dinámico e entretido cheo de novas experiencias…aquí podedes vernos experimentando con auga, no camiño de sensacións, movendo un pouco o corpo con aros, cicuitos, masaxes…tamén nos disfrazamos co meco na semana do entroido e moitas cousas máis!!!
Esperamos disfrutedes vendo o ben que o pasamos! Un abrazo moi grande para tod@s!!
¡Cómo pasa o tempo!, e cada vez somos máis maiores. Xa temos as fotos do mes de Febreiro nas que podedes ver diferentes momentos da xornada, como o xogo con materiais de todo tipo, o encontro, co conto que escoitamos moi atentos, as actividades como pintar con iogurt, e por suposto algúns disfraces do entroido no que estamos moi guapos/as.
¡Un saúdo e ata o mes que ven|
Boas familias!!!
Como xa sabemos que has estades esperando…aquí vos vai a selección de fotos do mes de xaneiro…no cal fixemos moitísimas actividades polo que o resumo é moi variado!! Estamos a traballar o corpo, as súas partes, sensacións, sentidos, a roupa que poñemos no inverno…así que abride ben os ollos…e esperamos que disfrutedes ao vernos traballar e aprender con tantas ganas!! Os cangrexiños da aula 3 mandan un milleiro de bicos para tod@s!!!!