A SALA 4 EN DECEMBRO

Ola familias!

 

Para que a volta a rutina sexa máis levadeira; quixemos seleccionar os mellores momentos deste pasado Nadal.

Os nenos e nenas exploran o seu contorno manipulando, experimentando, observando…por iso quixemos enfocar esta temática a través dos sentidos polo que adicamos un día ao tacto, outro ao gusto, ao oído, a vista e olfato.

 

Mirade cantas cousas fixemos e que ben o pasamos!

 

Comezamos esmagando galletas para facer un rico turrón de chocolate que despois saboreamos moi gustosamente.

2 (1)

2 1

1 (2) 1 (1)

As laranxas e os limóns foron os protagonistas do olfato e do gusto!

A mestura do doce e agrio foi un acerto.

3 (1) 3

 

Sorprendeunos unha instalación de psicomotricidade con elementos de Nadal. Tivemos bolas de distintos cores, guirnaldas, luces…Gustounos un  montón!

4 (3) 4 4 (1) 4 (2)

 

E para contribuir a unha boa causa…fixemos uns adornos de Nadal con pasta de modelar! Quedaron super bonitos.

5 (2) 5 5 (1)

 

Unha aperta moi forte e vémonos moi prontiño.

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará