DISFRACES ENTROIDO 2016

Benqueridas familias:

Xa temos listos os modelos de disfraces para a festa do Entroido.

Este ano como ben sabedes na Escola Infantil “A Canteira” estamos a traballar “O mar” en base ao conto “O concerto dos golfiños” por iso, na sala 1 somos os peixes, na 2 as tartarugas,na 3 os cangarexos, 4 as estrelas de mar, 5 as medusas, 6 os cabaliños de mar e na 7 os polbos,estes serán tamén os nosos disfraces.

Este son os modelos que tedes que facer na casa os pais:

peixes tarta
cangrexos estrelas medusascabalo
polvo

A sala do polbo en decembro

Sen darnos conta, xa rematamos o ano, e queremos compartir con vós todo o que traballamos este mes.

Fixemos obradoiros de Nadal: adornos, galletas, degustación de piña, olores… Tamén xogamos con disfraces, traballamos a motricidade no patio,manipulamos tallaríns cocidos,…

Logo, xa chegou a festa e as vacacións de Nadal; e voltamos todos coas pilas cargadas para continuar co curso.

Ata pronto familias!un bico!

2-12-15 059 2-12-15 078 2-12-15 088 2-12-15 089 2-12-15 143 2-12-15 152 2-12-15 158 2-12-15 163 2-12-15 169 2-12-15 179 2-12-15 208

A SALA 3 EN DECEMBRO

Nestre mes de decembro…a aula dos cangrexiños quere desexarvos unhas felices festas!!! Ademais de amosarvos algunhas das actividades máis divertidas que fixemos!! Prestade moita atención que aquí aparecemos xogando nunha rampa chea de pelotas para traballar un pouquiño a motricidade grosa, subiendo e baixando pola rampa, recollendo pelotas, lanzando…Ademais fixemos un turrón  boísimo de galleta e chocolate que despois comimos e que nos encantou!!Para poñer a proba a sensibilidade dos nosos pés, camiñamos descalzos sobre distintas texturas: ásperas, rugosas, suaves, brandas…e como non podía faltar nesta data…manipulamos distintos adornos que soemos utilizar para decorar as nosas casas no Nadal coma espumillón, bolas, estrelas, cadeas de boliñas, figuriñas…e con pasta branca fixemos distintas figuras para o noso mercadiño solidario, como vedes…pasámolo fenomenal!!! Esperamos que vos guste o noso resume!! Saúdos!!

2-12-15 123 2-12-15 018 2-12-15 020 2-12-15 031 2-12-15 033 2-12-15 050 2-12-15 051 2-12-15 074 2-12-15 098 2-12-15 114

A SALA 4 EN DECEMBRO

Ola familias!

 

Para que a volta a rutina sexa máis levadeira; quixemos seleccionar os mellores momentos deste pasado Nadal.

Os nenos e nenas exploran o seu contorno manipulando, experimentando, observando…por iso quixemos enfocar esta temática a través dos sentidos polo que adicamos un día ao tacto, outro ao gusto, ao oído, a vista e olfato.

 

Mirade cantas cousas fixemos e que ben o pasamos!

 

Comezamos esmagando galletas para facer un rico turrón de chocolate que despois saboreamos moi gustosamente.

2 (1)

2 1

1 (2) 1 (1)

As laranxas e os limóns foron os protagonistas do olfato e do gusto!

A mestura do doce e agrio foi un acerto.

3 (1) 3

 

Sorprendeunos unha instalación de psicomotricidade con elementos de Nadal. Tivemos bolas de distintos cores, guirnaldas, luces…Gustounos un  montón!

4 (3) 4 4 (1) 4 (2)

 

E para contribuir a unha boa causa…fixemos uns adornos de Nadal con pasta de modelar! Quedaron super bonitos.

5 (2) 5 5 (1)

 

Unha aperta moi forte e vémonos moi prontiño.

 

 

 

 

DECEMBRO NA SALA DAS TARTARUGAS

Xa chegou o Nadal!!!

Éste mes fixemos unhas actividades moi divertidas: obradoiro das luces no dormitorio no que os rapaces disfrutaron das luces e sombras, cestiño de Nadal no que manipulamos todo tipo de decoración, boliñas, cintas etc…

Como nós somos moi pequeniños e non podemos comer cousiñas de Nadal tivémonos que conformar e manipular pan relado….

Que se porten ben os Reis Magos!!!!!!!!!!!

Bicosssssss.

2-12-15 120 2-12-15 001 2-12-15 021 2-12-15 023 2-12-15 031 2-12-15 086