Arquivos mensuais: Decembro 2015
FESTA DE NADAL NA CANTEIRA
Xa chegou o Nadal e con él a nosa festa navideña, na que este ano colaboramos coa asociación Verdazul, que fixeron as nosas delicias cantando e tocando panxoliñas rumberas, despois de explicarnos o seu proxecto.
A partir de ahí cantamos as panxoliñas e tivemos bailongo e merendola por todo o alto.
Esperamos que teñades un Bo Nadal e un próspero ano novo e ata pronto
Listas provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de decembro para o curso 2015-2016
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de persoas admitidas e de agarda na Rede de Escolas Infantís de Galicia que participaron no proceso de admisión extraordinario do mes de decembro.
O prazo de reclamacións é do 22 ao 31 de decembro, ambos os dous incluídos. As reclamacións presentaranse, por escrito, na escola infantil para a que se demande praza.
Data de publicación na web: 21/12/2015
NOTA: As listas publicadas son copia das orixinais que están depositadas nos arquivos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dado que son listas provisionais, poden sufrir modificacións.
FOTOS NIVEL II (AULA 4)
FOTOS NIVEL II (AULA 3)
Unha vez que xa conseguimos interiorizar a dinámica da aula, coñecemos ós compis e disfrutamos en todos os espacios da escola era hora de profundizar nas actividades.
Encántanos xogar co cestiño dos tesouros, que para os que non o coñezan é un material de estimulación a través dun montón de obxectos cotiás de diferentes tamaños, formas, tactos (peines, esponxas, lás, espellos, teas, froitos, paos, latas, culleres, chaves…).
Aproveitamos os elementos típicos do tempo para manipular: follas de Carballo, follas de pino, millo, castañas… e tamén manipulamos cabazas (tocámolas por fora e por dentro, quitamos as sementes, e algún incluso quixo probala) e granadas.
A sala do polbo no mes de novembro
Ola a todos/as:
Outro mes no que deixamos algunhas das cousiñas que fixemos na sala do polbo: pegamos boliñas nunha cabaza, experimentamos con laranxas e limóns, tamén con xelatina. Viñeron os amigos/as da aula da estreliña a ensinarnos unha canción de estrela…Tamén fixemos un mural con pintura de dedos…Canto traballamos. Vémonos axiña…
Bicos
Os cabaliños de mar no mes de novembro
Novembro na sala das medusas
Bos dias, os amigos/as da sala da Medusas querenvos ensinar o ben que o pasamos explorando e manipulando diversos tipos de materiais. Este mes tocounos algo manipulativo probamos laranxas e limons con distintos sabores doce e amargo pasamolo moi ben tamen fixemos transvases con culleres e vasos con fariña que nos encantou moito. E despois unha actividade mais de relax pinchos nas mesas de plastica. Un saudo e deica o mes que ben que poñeremos mais novidades.
lembradevos da cota de material
- A cota de material escolar é 20 €
- O ingreso ou transferencia deberá facerse efectivo no seguinte número de conta:
BANCO PASTOR: ES48 0238 8113 92 0600072725
(nº conta ANPA)
- SE FACEDES INGRESO NA OFICINA BANCARIA, LEMBRADE DECIR QUE A FACEDES COMO SOCIOS DA ASOCIACIÓN PARA QUE NON COBREN COMISIÓN.
- CONCEPTO: “Cota Material”, Nome da/o nena/o e Aula
- IMPORTANTE!!!! O resgardo de pago ou transferencia ten que ser entregado en ADMINISTRACION ou DIRECCION da Escola.
A dirección da Escola
NOVEMBRO NA SALA DAS TARARUGAS
Aquí tendes unha pequena mostra do que traballamos durante o mes de Novembro. Pasámolo moi ben co puré de cabaza, aínda que non estábamos seguros de se era para comer ou pintar, celebrámos a semana da música e participamos con entusiasmo con todas as actividades que se nos propoñían. ¡Cada vez somos máis maiores!.
Un saúdo e ata o mes que ven.