Arquivos mensuais: Novembro 2015
Outubro na sala dos polbos
Este mes de outubro coa adaptación case superada estámolo pasando xenial con todo o que hai por descubrir na escola.
Manipulamos e probamos froitas do outono, traballamos coas cabazas e desfrutamos das que trouxemos decoradas da casa, apareceu o conto de Lami( o golfiño que nos vai acompañar durante todo o curso), pintamos os nosos polbos,…canto traballamos!
A sala 6 en outubro
Outubro na sala 5
Ola amiguiños/as!
Xa estamos todos/as adaptados e agora as medusas comezamos a facer distintas actividades . Este mes presentamos o Outono e manipulamos cousiñas tipicas desta data como cabazas, celebramos o Samaín e tamen exploramos e manipulamos con granadas que nos gustou moito probar a granada, que divertido. Para o vindeiro mes poñeremos mais cousiñas , un saúdo.
Fotos Nivel II – Aula 4 (Outubro)
Fotos Nivel II – Aula 3 (Outubro)
Boas a todas as familias!!!!
Os cangrexiños da aula 3 queremos ensinarvos algunhas das actividades máis divertidas feitas ata o momento!! Cada día nos atopamos máis a gustiño e amosámonos curiosos e grandes exploradores… Neste resumo podedes ver a presentación de Lami, como xogamos co cestiño dos tesouros, rodamos coma croquetas, decoramos unha cabaza con gomets, xogamos con follas secas…e tamén veredes o que nos gusta o momento de comer a galleta!
A SALA DA TARTARUGA NO MES DE OUTUBRO
Estamos no Outono, cun tempo maravilloso. Como vedes nas fotos xa disfrutamos da nosa primeira festa “ O Magosto”e ainda que non comimos castañas pasámolo xenial bailando e cantando cos nosos compis maiores e profes.
Entre as nosas actividades tamen aproveitamos, esta estación, para manipular follas.
¡Que ben o pasamos!