Listas definitivas de admitidos/as, de agarda e excluídos, nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2015-2016

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos/as, de agarda e excluídos, nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2015-2016.

O prazo de formalización da matrícula establécese do 9 ao 14 de outubro, ambos os dous incluídos.
De non formalizar a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza.

A data de incorporación ás escolas dos nenos matriculados neste novo prazo será o 15 de outubro.

LISTAS

AVISO IMPORTANTE

Oleiros, a 08 de outubro de 2015

 

Dende a Escola Infantil “A Canteira” querémosvos informar que se detectou algún caso de alumno/a con PIOLLOS. Informámosvos coa intención de que controledes  aos vosos fillos e fillas nos vindeiros días e no caso de que lles atopedes algún síntoma, utilicedes un tratamento desparasitario axeitado xa que, no caso de atoparlles piollos na escola, ese día teriades que vir recollelos co fin de asegurar o benestar dos nosos alumnos e alumnas e evitar posibles contaxios.

  

Grazas pola vosa colaboración.

O persoal da Escola Infantil “A Canteira”