O venres 23 de Outubro recibimos a visita das castañeiras que nos agasallaron cunhas castañas asadas que fixeron as delicias de todos os nenos/as da escola. A espera fíxosenos un pouco longa pero foi compensada con creces polo conto do inicio, o magosto e o bailongo final. Pasámolo xenial e aquí tendes unha pequena mostra.