Listas definitivas de admitidos/as, de agarda e excluídos, nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2015-2016

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos/as, de agarda e excluídos, nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2015-2016.

O prazo de formalización da matrícula establécese do 9 ao 14 de outubro, ambos os dous incluídos.
De non formalizar a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza.

A data de incorporación ás escolas dos nenos matriculados neste novo prazo será o 15 de outubro.

LISTAS