Oleiros, a 17 de setembro de 2014
Dende a Escola Infantil “A Canteira” querémosvos informar que se detectaron varios casos de alumno con PIOLLOS. Informámosvos coa intención de que controledes aos vosos fillos e fillas nos vindeiros días e no caso de que lles atopedes algún síntoma, utilicedes un tratamento desparasitario axeitado xa que, no caso de atoparlles piollos na escola, ese día teriades que vir recollelos co fin de asegurar o benestar dos nosos alumnos e alumnas e evitar posibles contaxios.
Grazas pola vosa colaboración
O persoal da Escola Infantil “A Canteira”