Bos días familias!
As vacacións están tan preto que case podemos tocalas; pero non vos pensedes que este mes de xullo o pasamos mal, senón todo o contrario.
Aproveitamos para facer todo o que non fixemos ata agora…XOGAR COA AUGA; en todas as súas formas, con globos, con bañeiras, con mangueiras, etc.
Celebramos a chegada do verán por todo o alto!!
O equipo educativo de Nivel I, desexámosvos un agosto cheo de sorpresas e momentos inolvidables.
Nós estaremos disfrutando destas merecidas vacacións para vir en setembro con toda a enerxía renovada.
Unha aperta moi grande Lidia, Yoli, Graciela e Cecilia.
Vémonos moi pronto!
Ata setembro…