Feliz verán!!

Bos días familias!

As vacacións están tan preto que case podemos tocalas; pero non vos pensedes que este mes de xullo o pasamos mal, senón todo o contrario.

Aproveitamos para facer todo o que non fixemos ata agora…XOGAR COA AUGA; en todas as súas formas, con globos, con bañeiras, con mangueiras, etc.

Celebramos a chegada do verán por todo o alto!!

O equipo educativo de Nivel I, desexámosvos un agosto cheo de sorpresas e momentos inolvidables.

Nós estaremos disfrutando destas merecidas vacacións para vir en setembro con toda a enerxía renovada.

Unha aperta moi grande Lidia, Yoli, Graciela e Cecilia.

Vémonos moi pronto!

Foto 1Foto 2

Foto 3

Ata setembro…

 

 

O curso xa remata!

Xa está a rematar este curso, de feito algúns dos nosos cativos xa están nas súas ansiadas vacacións, e parece mentira que medraran tanto en tan poucos meses (e se pensades que non, mirade as fotos de setembro, miña nai que chicarróns e chicarronas están feitos!).

 

Medraron de talla, pero tamén en madurez, autonomía, en habilidades sociais… e o máis importante, foron felices durante o tempo que pasaron con nós.

Esperamos que o paso pola nosa escoliña fora grato para vos, as familias.

Desexamos moita sorte aos nosos equilibristas, malabaristas e magos;  unha boa incorporación ao “cole de maiores” e por suposto, un bo verán para todos.

OS EQUILIBRISTAS:

DSCN8917 DSCN9021 DSCN8913 DSCN8897 DSCN8898 DSCN8901 DSCN8886 DSCN8883 CARTONS (3) CARTONS CARTONS (1)

 

OS  MALABARISTAS:

1 2 3 4 5 6 7

OS MAGOS:

XUNO XUNO (1) XUNO (2) XUNO (3) XUNO (4) XUNO (5) XUNO (6)

22.06.15 (12) 22.06.15 (13)

FELIZ VERÁN A TODOS!!