Benqueridas familias:

Confirmadas as listas e polo tanto as prazas de renovación e de novo ingreso dos vosos fillos/as, queremos darvos a benvida a Escola Infantil “A Canteira”.

Confiamos en que atopemos un equilibrio entre a escola e a familia, traballando en conxunto para acadar unha calidade e un ambiente positivo e familiar para os vosos/as fillos/as. Quedamos a vosa disposición para canto precisedes.

Dende o Equipo Educativo do Centro, coma todos os anos, convocámosvos a unha xuntanza inicial, onde se tratarán aspectos importantes de cara ó  vindeiro curso escolar 2015-16:

Así pois, o calendario da planificación será:

cuadroGrazas pola vosa colaboración. Calquera dúbida que teñades, por favor, facédenola saber!

Un cordial saúdo do Equipo Educativo do Centro.

os equilibristas en abril

¡Que ben o pasamos no mes de abril! Acompañou bastante o tempo e os días de máis calor disfrutamos como tolos do xardín. Fixemos xogos no exterior, exploramos recantos novos, observamos os cambios que se dan na natureza como a aparición das flores e as follas verdes nas árbores…

Aproveitamos para facer uns murais-collage con elementos do xardín e bichiños (abellas, bolboretas, caracois…) pintados por nós con pintura de dedos e pinceis. E como falamos da abellas tamén aproveitamos para probar o mel. ¡Que rico!

Tamén seguimos coas nosas rutinas, cada vez con máis destreza, e coas actividades que nos siguen atraendo, como o xogo heurístico; ademais estamos a aprender xogos novos.

 

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12