Benqueridas familias!
Que rápido pasou este curso, parece que foi onte cando entrabamos na escola (algúns para comezar por primeira vez e outros para continuar unha nova etapa); todos e todas vivenciamos como cada día ían adquirindo novas habilidades, coñecendo aos seus compañeiros e compañeiras, resolvendo os primeiros conflictos, aprendendo a desenvolverse con maior autonomía, etc.
O pasado venres 26 de xuño, disfrutamos todos xuntos dun estupendo día compartindo xogos, risas, conversas e grazas a vós unha estupenda e variada merenda.
Aquí vos deixamos a nosa selección dos mellores momentos desta festa de fin de curso 2014-2015.
Fixemos pompas de xabrón moi grandes!
Como os forzudos quixemos tirar da corda para ver quen tiña máis forza!
Outros compañeiros e preferiron afinar a puntería e xogar aos bolos!
O xogo do paracaídas tamén tivo moitos xogadores; un pouco de sombra debaixo de tantas cores era todo un acerto!
Poder pintar no chan e algo que nos relaxa un montón!
O laberinto de telaraña deixounos atrapados!
Cando xa non tiñamos moitas forzas chegou o carriño de xeados cargado de sorpresas…
Mentres uns disfrutaban outros preparabamos a grande merendola; que sen a vosa participación nunca houbese sido tan rica!
E por fin chegou o momento de relaxarse, sentarse e compartir coas familias esta estupenda merenda!!!
Moitas grazas a todos pola vosa participación e colaboración.
Unha aperta moi grande o equipo educativo!!