Hola de novo familias!
Xa estamos a piques de acabar o curso, aquí vos deixamos unha mostra do que pasou na sala dos magos este mes de maio.
Aproveitamos o bo tempo para saír ó exterior e alí facer as actividades. Sacamos cunchas, pedras e xiz, pintamos no chan da explanada, fixemos caracois coas pedras,…pasámolo xenial. Tamén aproveitamos o areeiro e todo o que nos rodea, ¡as árbores dannos moito xogo!
Tamén probamos froitas desta tempada: amorodos.
Xogamos con plastilina, cada vez facemos cousiñas con máis intención, en tres dimensións, e temos moita imaxinación.
Xa queda pouco! Que peniña que remate o curso, que rápido pasou! Bicos!