os equilibristas en maio

Xa queda menos para finalizar o curso e nós seguimos a pleno rendemento. Comezamos a traballar os transportes e recibimos a visita do tren do circo, con sorpresas sobre medios de transporte dentro.

 

Tamén probamos cousas novas como froitas tropicais: mango e papaia.

 

Desfrutamos con xogos tan divertidos como montarnos nunha alfombra máxica e fixemos un percorrido polo circuíto que montaron as profes, aprendendo algunhas sinais e as cores do semáforo.

 

Tamén saímos moito ó xardín a explorar e plantamos xirasoles, aínda que algúns non agromaron.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13