Na sala dos elefantes quixemos aproveitar tanto o bo tempo que disfrutamos do noso “Cestiño dos tesouros” ao aire libre.
Como temos que repoñer as nosas enerxías; un pouco de plátano non está nada mal para improvisar un pequeno almorzo campestre je je
O venres 15 de maio celebramos o “Día das Familias”; tivemos a sorte de que Ana (nai de Alejandro) viñera cun montón de sorpresas a nosa aula: contounos un conto, xogamos con teas de distintas cores e texturas, disfrazámonos de vikingos…foi un día super divertido!
Moitas grazas Ana por este momento tan lindo!!
Na sala dos leóns…
E chegou maio… e con el o sol e o calor… pero a nós nada nos impide seguir traballando duramente!
Experimentamos con arroz cocido, que se nos pegaba a todo e quedamos moi pegamentos… así que logo tivemos que poñernos a remollo nunha relaxante sesión de SPA
Experimentamos con papa de cereais e colorante alimenticio. Puxémonos perdidos!
E tamén fixemos unha sesión de degustación de laranxa e limón.
Pero como non todo vai ser traballar, durante este mes tamén fixemos actividades relaxantes de tacto, coas esponxas, coas plumas, cos pompóns… como nos gustan as cóxegas!
E claro que tamén xardimos ó xardín a ventilar e respirar aire fresco, pero diso xa falaremos outro día.
Biquiños!