Por fin xa estamos de volta!!
Na sala dos elefantes…
Tiñamos moitas ganas de poder amosarvos as fotos dalgúns dos nosos mellores momentos.
No mes de marzo recibimos a primaveira por todo o alto. Subímonos aos berces, pero esta vez para ir de excursión ata o xardín; alí disfrutamos do sol, dos xoguetes e ata dun almorzo campestre.

A verdade que todo o que teña que ver con esta estación gustanos moito, polo que manipular a través dos sentidos as flores foi unha experiencia super divertida.

As veces, os compis doutras aulas prestannos os seus xoguetes…hoxe a sorpresa foi unha cesta con peines, rulos, diademas ( mírade que ben o pasamos)

Xogar ao cú-cú co paracaídas foi unha das nosas grandes aventuras, sen dúbida teñemos que repetilo.

As novas tecnoloxías chegaron a sala dos elefantes; esta vez foi a educadora Ana quen trouxo unha tablet na que estivemos vendo animais ao mesmo tempo que escoistamos o seu son. Estaban abraiados!!

Na sala dos leóns…
Como andades, familias?
Nos correndo… pero xa chegamos para mostrarvos unha panóramica do que fixemos durante o mes de marzo. Igual é un pouquiño tarde, pero non demasiado, porque o bo sempre se fai esperar!
Experimentamos con cabaza, pataca…

…tamén con flores, en honor á primavera!

E para recibir a primavera como se merece, fixemos unha festa na escola. Mirade que guap@s!

E chegou abril…
E @s leóns da sala 2 seguimos avanzando e explorando…
Investigamos nas caixas de cores a ver que obxectos escondían

Repetimos circuíto de psicomotricidade, camiñando descalzos

E coma tódolos venres, experimentamos co cestiño dos tesouros

Pero ademais, no mes de abril tamén celebramos o Día da Árbore, decorando a nosa árbore que temos no estanque cuns bonitos adornos
