Os bebés no mes de febreiro!

Bos días familias!

Aquí temos a selección dalgúns dos nosos mellores momentos este pasado mes de febreiro; como ben sabedes moitas son as cousas coas que disfrutamos cada día!

Este mes coñecimos a dúas novas compañeiras; aquí tedes a Belén e Graciela que aproveitan calqueira ocasión para contarnos un conto ou cantarnos unha canción.

DSCN9824

O Entroido chegou as nosas aulas; así que aproveitamos para converternos en pallasos, vaqueiros, piratas, etc.

DSCN9640 DSCN9638

Seguimos coas nosas sesións de cestiño; forma parte da nosa rutina semanal e é algo que nos encanta!

DSCN9835

Tamén tivemos algún momento tristón xa que Belén rematou a súa formación práctica e xa non vai a estar con nós.

Dende aquí te mandamos un bico grande!

Belen foto

 

Bos días a tod@s!

 Aquí estamos un mes máis, @s leóns da sala 2, para mostrarvos os nosos espectáculos.

Aparte de disfrazarnos e ensaiar moi duro para a posta en escea na Festa de Antroido, tamén fixemos moitas cousiñas máis, como por exemplo…

 Para traballar o tacto… percorremos circuítos de texturas diversas: suaves, rugosas… e ata pegañentas!!!

1 Circuito

 Para traballar os sentidos do tacto e da vista… manipulamos papeis de diferentes cores e texturas.

2 Papeis

 E para traballar tódolos sentidos… fixemos actividades manipulativas con cenoria e papilla de cereais con colorante alimenticio de cor azul.
4 Papilla cereais 3 Cenoria