Case sen darnos conta deixamos atrás setembro, un mes cargado de emocións e con moitas espectativas.
Xa sabedes que aínda non somos todos os compis que estaremos neste curso, pero os que nos incorporamos fomos adaptándonos vivindo momentos de ledicia, tristura, risos, prantos, etc.
Aquí vos deixamos unhas fotos dos bebés de A Canteira, que aínda que somos poucos facemos moito ruido.
A semana pasada xa comezamos a empregar outros espazos da escola, comezamos co estanque dos peixes, un sitio que nos relaxa moito e nos dá moita alegría.
Aproveitamos calquera momento para descubrir e rechupetear cada xoguete da aula. O que máis nos gusta son os axóuxeres, todo aquelo que faga ruido ou teña algún son especial.
Pero non pensedes que non temos gañas de empezar a gatexar pola aula; os mais ousados ata se atreven facendo carreiras.
Preparados…
Listos…
e xa…, os bebés alai van, corre que te correrán.
Un saúdo Yoli, Lidia, Mónica e Ceci.
Gracias por las fotos y por cuidar tan bien a los peques, profes!
É un pracer poder disfrutar con eles destes momentos!
Estade pendentes, que o longo do curso seguiremos subindo moitas mais fotos.