Estimadas familias das aulas de bebés:
Para este curso 2014-2015 temos unha proposta educativa para levar a cabo en colaboración familia e escola: A BOLSA DA VIDA.
A BOLSA DA VIDA é un elemento que acompañará ó neno/a ó longo dos tres cursos, desde o comezo da súa escolarización na escola A Canteira ata o final da mesma.
A súa finalidade é a de fomentar un vínculo entre a familia e a escola, participando ambos ámbitos no crecemento, maduración e educación do neno/a.
Esta bolsa irá medrando co neno/a e axudaralle a crear unha historia de vida, aportándolle seguridade e confianza.
Ó ser un instrumento que van a manipular constantemente os nenos/as, ten que ter unhas características para a súa elaboración:
– Cada familia elixirá unha bolsa de tea de tamaño medio, por exemplo as que se empregan para gardar roupa.
– Cada familia decorará a bolsa libremente: con pinturas para tela, con teas ou accesorios grandes ben cosidos ou pegados, etc.
A BOLSA DA VIDA traerá dentro dúas sorpresas que descubriremos na escola: o OBXECTO QUE SE CORRESPONDA CO SEU SÍMBOLO e unha FOTO FAMILIAR. Esta foto será dun tamaño de 10×15. Por un lado irá unha foto actual do neno/a e polo outro lado irá unha foto de tódolos membros da familia. Dita foto tamén será plastificada pola familia.
A medida que avance o curso, tanto as familias como a escola, iremos aportando novos materiais para introducir na bolsa. Xa vos iremos informando, así que estade pendente deste recanto de pais e nais.

Moitas grazas pola vosa colaboración