Celebramos o día de portas abertas cunha actuación moi especial!

Galicircus abre as súas portas este mes de setembro e continuará ata o vindeiro mes de xullo.

As funcións son interactivas, polo que tedes que estar atentos xa que de vez en cando as personaxes do circo solicitarán  a vosa colaboración.

Cartel benvida

Collede un pouco de palomitas que a primeira función vai comezar.

Palomitas

Os e as equilibristas amosaranvos a súa destreza subindo e baixando polos bancos, camiñando enriba das líneas sen caer…

Subirse os zancos non é tarefa sinxela, pero para os equilibrista do Galicircus non teñen ningunha dificultade.

equilibristas 1

equilibristas 2

Unha, dúas, tres e ata catro pelotas son capaces de facer voar os e as malabaristas polo aire.

Nesta función faremos un montón de pelotas malabares con globos e arroz. Intentaremos lanzalas  ao aire, primiero unha, despois dúas…, con coidado de que non caian ao chan.

malabares malabar

Os magos e as magas de Galicircus cambiarán coa súa bariña máxica a cor da auga e converterán un obxecto pequeno en grande; pero para iso é necesario dicir sempre as palabras máxicas: ABRACADABRA PATA DE CABRA.

magos

magoss

Como artista invitado contamos coa presencia de Robustiano Fratelli; a súa forza e coñecida no mundo enteiro. 

Os forzudos e as forzudas levantarán todo aquelo que lles propoñades.

forzudos forzudos 2

O Paiaso plim plim pinchouse o nariz e aos cinco minutos fixo forte ACHISSSS

Os paiasos e as paiasas de Galicircus son moi bromistas, en canto te descoidas píntanche o nariz e a cara para darlle un pouco de cor.

payasos 1

payasos 2

Tigres, tigres…leóns, leóns todos queremos ser domadores!

Con moito coidado os domadores e as domadoras do circo conseguirán algo nunca visto; o can Xan Pedro saltará dun lado para outro atravesando un aro cheo de lume.

Tede moito coidado,  gústalles moito invitar aos asistentes a saltar dentro.

Domadores

A función chega ao seu fin.

Non vos preocupedes que haberá un montón de actuacións o longo deste curso, ide collendo os tickets para non perder nada.

A nosa benvida un ano mais, e un saúdo moi especial e  a todas aquelas familias que se incorporan por primeira vez ao noso particular Galicircus.