Arquivos mensuais: Setembro 2014
NOVO MENÚ BEBES
COXÍNS PARA RELAXARNOS
CAIXA DA VIDA
MANDILÓNS
O novo curso na sala 7
A adaptación na sala 5
ASI COMEZAMOS O NOVO CURSO A AULA DOS MALABARISTAS
Listas provisionais de admitidos e excluídos nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2014-2015
Listas provisionais de admitidos e excluídos nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2014-2015
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de persoas admitidas e excluídas na Rede de Escolas Infantís de Galicia que participaron no proceso de admisión extraordinario do mes de setembro.
O prazo de reclamacións é do 20 ao 29 de setembro, ambos os dous incluídos. As reclamacións presentaranse, por escrito, na escola infantil para a que se demande praza.
Data de publicación na web: 19/09/2014
NOTA: As listas publicadas son copia das orixinais que están depositadas nos arquivos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dado que son listas provisionais, poden sufrir modificacións.
Así pasamos os bebes estes primeiros días!
Ola papis e mamis, para que poidades ver como estamos na aula cando non nos vedes, as profes fixeron esta montaxe con algúns dos mellores momentos desta primeira quincena.
Tede un pouco mais de paciencia que xa iredes vendo que contentos imos quedar e o ben que o imos pasar.
Dende aquí agradecervos unha vez mais a vosa colaboración.
Unha aperta grande de Yoli, Lidia, Mónica e Ceci.