Ola familias! Qué peniña que acaba o curso. Pero sabedes qué? nós seguimos aprendendo e divirtíndonos ata o final. No mes de xullo tamén fixemos moitas cousiñas… Un fondo mariño no cristal e unha praia propia.
Fixemos gominolas con Charo, a nai de Pablo. Grazas Charo!!! , xeado con melocotóns e nata e flocos de millo ¡Qué rico todo!
Algún día que fixo bo tempo saímos tomar o almorzó ó xardín, á sombra das pereiras e maceiras. ¡Que ben vivimos! ¿non?
E, como non, xogamos coa auga. Empezamos bañando ós bonecos pero acabamos coma pitos. Cómo disfrutamos! Mirade, mirade…
E para rematar o curso como é debido pintamos ó gato garabato que tanto nos acompañou este ano nas nosas camisetas e gardamos as cousiñas que faltaban nas caixas da vida.
E ahí van as fotos dos cumples que faltaban na sala 6.
Mirade que pulpo tan chulo fixo Silvana. A que parece que vai botarse a nadar!
E Aitor traballou moi duro para adornar tan ben o seu dragón. Axudoulle un pouco Marjorie, que non estivo o día do seu cumple.
¿A que non vos decepcionaron? Pasámolo moi ben este curso facendo as nosas propias tartas. Seguro que nunca esqueceremos estas celebracións. Parabéns a todos!!!
¡A disfrutar do verán! Botarémosvos mooooito de menos! Biquiños.