Ola de novo!
Xa rematou o mes de Maio e na sala da Vaca Lola estivemos moi moi ocupados…
A primavera espertou a nosa vena artística e aproveitamos a inspiración para facer un cadro. Escollemos para plaxiar “Papoulas ” de Monet.
Pintamos de verde o campo, de azul o ceo e para rematar fixemos as amapolas vermellas pegando cachos de papel en bolas que logo pegamos no cadro.
Unha chulada! , non se diferencia para nada do orixinal.
Puxemos a proba a nosa destreza coas mans facendo colares e a nosa capacidade de concentración pegando gomets distintos en cada un dos catro debuxos de Elmer que apareceron na aula.
No patio fixemos un circuito de texturas ¡cos pés! foi moi divertido, sobre todo no sitio que quedabamos pegados ó chan. Tamén seguimos cocinando e comendo, desta vez laranxas.
Ah! e veu o gato garabato que nos trouxo un regalo moi especial: unha cámara de vídeo e fotos nosas cos símbolos por detrás. É moi xeneroso este ghatiño!
Ata pronto!