Que pasou na aula 5 no mes de maio?

Bos días a tod@s!

E en maio @s bailaríns seguimos danzando sen parar ó son do sentido do gusto…

Fixemos pizzas SALADAS…

1. Pizzas (1) 2. Pizzas (2) 3. Pizzas

Fixemos brochetas de froita con chocolate, moi DOCES…

4. Brochetas froita 5. Brochetas froita (1)

Fixemos, manipulamos, saboreamos e comemos moitas cousas máis, coma amorodos con azucre ou xelatinas de laranxa e limón.

6. Fresas con azucre 7. Xelatina

E para gastar calorías, seguimos movéndonos coma sempre, con música, con xogos, con circuítos de psicomotricidade grosa…

 8. Psicomotricidade (1) 9. Psicomotricidade (3)

A psicomotricidade fina traballámola, entre outras cousas, facendo preciosos marcapáxinas primaverais!

10. Marcapax. 11. Marcapax.

E despois de traballar a arte da literatura, o “Gato Garabato” volveunos sorprender cunha arte nova: o cine e a fotografía. Será a última arte que traballemos este curso.

13. Introducion cine-fotografia (2) 12. Introducion cine-fotografia (1)

Moitos saúdos con forma de corazón!