Nota para os concellos sen escola de agarda

 AVISO IMPORTANTE

Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (RRI), durante o vindeiro mes de agosto esta Escola Infantil permanecerá pechada.

 Por este motivo as persoas que desexen presentar durante este mes a súa solicitude de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 do citado regulamento), deberán facelo a través do rexistro xeral de CONCELLO DE OLEIROS en horario de 8:30 a 13:00 de luns a venres e de 9:00 a 13:00 os sábados, en aplicación do previsto no artigo 38.4.b da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

 O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2014 (artigo 20.3).

 Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles na páxina web do Consorcio: 

http://www.igualdadebenestar.org/anuncios/anuncio.php?id=886&lg=gal

 

Temos Varicela na Escola

Oleiros, a 16 de Xuño do 2014

 

 

AVISO IMPORTANTE

PARA OS/AS USUARIOS/AS DA ESCOLA

Dende a Escola Infantil “A Canteira” querémosvos informar de que esta mañá se nos notificou un caso de  

 VARICELA

 

Informámosvos coa intención de que controledes máis exhaustivamente aos vosos fillos e fillas nos vindeiros días, e no caso de que lles atopedes algún síntoma, apliquedes o protocolo correspondente.

 

 

Grazas pola vosa colaboración.
 A Dirección da Escola Infantil “A Canteira”

Que aconteceu na aula 7 no mes de maio?

Que mes mais intenso!

Quixemos aproveitar ata o último momento o traballo de historietas e contos.

Alejandra trouxo o conto da Vaca Lola, esta vaca fai cousas moi especiais porque é capaz de poñer ovos. Esta vez, tivemos que axudala a buscar os ovos por todo o xardín porque os perdou. Que ilusión ir atopando pouco a pouco os ovos de Lola.

DSCN6629 DSCN6584 DSCN6577

Os  conto dos Chibo e chibóns gústalles un montón; así que con poucas cousas convertemos o patio no escenario do conto; e como na biblioteca, estivemos sentados nos bancos escoitando moi atentos a historia.

DSCN6510 DSCN6514

Visitounos o Gato Garabato, trouxonos un montón de sorpresas. Esta vez foi de viaxe e sacou fotos de lugares fermosos, trouxonos a súa cámara de fotos e ata unha pelicula que fixera para nós.

Que cousa tan rara, como pode estar unha película gardada nesa cinta?

2 004 2 014

2 021

Xogamos coas luces e sombras. Fixemos figuras e intentamos adiviñar que imaxe se encondía detrás de cada tarxeta.

DSCN4868 DSCN4872 DSCN4874 DSCN4877 DSCN4878

 

 

Que pasou na aula 6 en maio?

Ola de novo!

Xa rematou o mes de Maio e na sala da Vaca Lola estivemos moi moi ocupados…

A primavera espertou a nosa vena artística e aproveitamos a  inspiración para facer un cadro. Escollemos para plaxiar “Papoulas ” de Monet.  

 Pintamos de verde o campo, de azul o ceo e para rematar fixemos as amapolas vermellas pegando cachos de papel en bolas que logo pegamos no cadro.

Unha chulada! , non se diferencia para nada do orixinal.

1 2 3

Puxemos a proba a nosa destreza coas mans facendo colares e a nosa capacidade de concentración pegando gomets distintos en cada un dos catro debuxos de Elmer que apareceron na aula.

4 5 6

No patio fixemos un circuito de texturas ¡cos pés! foi moi divertido, sobre todo no sitio que quedabamos pegados ó chan. Tamén seguimos cocinando e comendo, desta vez laranxas.

7 8 9 10

Ah! e veu o gato garabato que nos trouxo un regalo moi especial: unha cámara de vídeo e fotos nosas cos símbolos por detrás. É moi xeneroso este ghatiño!

11 12 13

Ata pronto!

Que pasou na aula 5 no mes de maio?

Bos días a tod@s!

E en maio @s bailaríns seguimos danzando sen parar ó son do sentido do gusto…

Fixemos pizzas SALADAS…

1. Pizzas (1) 2. Pizzas (2) 3. Pizzas

Fixemos brochetas de froita con chocolate, moi DOCES…

4. Brochetas froita 5. Brochetas froita (1)

Fixemos, manipulamos, saboreamos e comemos moitas cousas máis, coma amorodos con azucre ou xelatinas de laranxa e limón.

6. Fresas con azucre 7. Xelatina

E para gastar calorías, seguimos movéndonos coma sempre, con música, con xogos, con circuítos de psicomotricidade grosa…

 8. Psicomotricidade (1) 9. Psicomotricidade (3)

A psicomotricidade fina traballámola, entre outras cousas, facendo preciosos marcapáxinas primaverais!

10. Marcapax. 11. Marcapax.

E despois de traballar a arte da literatura, o “Gato Garabato” volveunos sorprender cunha arte nova: o cine e a fotografía. Será a última arte que traballemos este curso.

13. Introducion cine-fotografia (2) 12. Introducion cine-fotografia (1)

Moitos saúdos con forma de corazón!

Que aconteceu la aula 3 en maio?

A mediados de mes comezamos con outra arte que nos levará ata finais de xuño: a fotografía e o cinema. O gato Garabato como sempre pensou en nós e trouxo un conto das súas viaxes e as fotos que sacou, cámaras, un filme… ata un premio Goya!

Este mes pasado dedicámonos moito á cociña. Estivemos a preparar tartas de cumples (que maiores somos!), biscoitos e brochetas de froita.

Tamén comezamos a desfrutar de verdade do xardín facendo diferentes actividades ó aire libre.

3 4 5 6 7 8 2 1