Xuntanza cos familias para o vindeiro curso 2014/2015

Oleiros, 28 de Maio de 2014

Estimadas familias:

Confirmadas as listas e polo tanto as prazas de renovación e de novo ingreso dos vosos fillos/as, queremos darvos a benvida a Escola Infantil “A Canteira”.

Confiamos en que este sexa o inicio dunha relación positiva e quedamos a vosa disposición para canto precisedes.

Dende o Equipo Educativo do Centro, coma todos os anos, convocámosvos a unha xuntanza inicial para as familias, onde se tratarán aspectos importantes para o desenvolvemento do vindeiro curso escolar 2014-15:

  • Quen somos e a nosa metodoloxía de traballo.
  • As pautas e normas do Centro
  • Como desenvolvemos o período de adaptación e as recomendacións para as familias.

O calendario para a realización das xuntanzas será o seguinte:

NIVEL

DÍA DA XUNTANZA

HORA DA XUNTANZA

LUGAR DA XUNTANZA

NIVEL I (AULAS 1 E 2)

NIVEL II (AULAS 3 E 4)

1 de Xullo

18:00 h.

PATIO PRINCIPAL

NIVEL III (AULAS 5,6 E 7)

2 de Xullo

18:00 h.

PATIO PRINCIPAL

 

 REUNIÓNS DE AULA E ENTREVISTAS INDIVIDUAIS

2 e 3 de Setembro (comunicaranse as horas os días das xuntanzas de nivel) 

DÍA DE PORTAS ABERTAS

4 de Setembro (De 10:00 a 13:00h e de 15:00 a 17:00h)

INCORPORACIÓN DO ALUMNADO

5 de SETEMBRO (alumnas/os renovados)

8 de SETEMBRO (alumnas/os de novo ingreso)

 

Nas correspondentes xuntanzas facilitaránsevos uns documentos, os cales, esperamos vos sirvan de axuda e guía:

  • Libriño da Escola. Nel recóllense horarios, calendario escolar, normas do centro e material que tedes que traer dende a casa.
  • Tríptico informativo sobre o período de adaptación.
  • Enquisa inicial do período de adaptación.

 

Aínda así, se quedades con dúbidas, trasladádenos as vosas inquedanzas e intentaremos resolvelas do mellor xeito posible.

NOTA: Por motivos organizativos e, para evitar interrupcións, prégase asistades a       Xuntanza sen nenos/as.

 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Un cordial saúdo do Equipo Educativo do Centro.