Que fixo a sala dos bailaríns en abril?

Bos días familias!

Chegou abril, e con el chegou tamén o mundo dos contos e da literatura.

Mirade cantas cousas fixemos!!!

Porque nós sempre tivemos moito, e agora que arrancamos a falar, xa non hai quen nos pare!

Vimos o conto de “A galiña Rosalía” e a raposa que non a daba atrapado, e pintamos as súas protagonistas.

  2 1

Logo saímos ó xardín na búsqueda dos ovos de Rosalía, que os deixou escondidos. Son moi bonitos, de moitas cores…

 5 4 3

 E de cor en cor… tamén traballamos arredor do conto de “Elmer”, un elefante diferente ó resto, pois era de tódalas cores menos de cor gris.

Mirade como pintamos os nosos Elmers:

6 7 8 

Como non podía ser doutra maneira, as “profes” tamén nos fixeron representacións de contos, aquí tedes o exemplo do conto de “Os chivo-chivóns”, que vimos no patio tod@s xuntiñ@s!

 9 10

De conto en conto, chegou o “Día do Libro”, e celebrámolo compartindo e intercambiando os contos que trouxemos das nosas casas.

 11 12

Xa non vos contamos máis por hoxe, así que ata a próxima!