Aquí estamos outro mes máis. Neste mes dedicámonos á literatura e a historieta.
Entre outras cousas fixemos un mural coa axuda dos peques a modo de historieta contando mediante fotos e texto o que é unha xornada na aula e o expuxemos na rampa. Fainos moita ilusión vernos cada vez que subimos ó patio.
Agora que xa somos máis maiores e somos máis habilidosos, dedicámonos a descubrir xogos novos como o paracaídas.
Propuxemos unha actividade de tacto na aula, pero esta vez no lugar de traballar so coas mans fixémolo cos pés e con outras partes do corpo. Espímonos, tocamos e camiñamos por diferentes texturas (teas con pelo, teas lisas, alfombras rugosas, alfombra de céspede, plástico de burbullas…). Sen planealo, continuamos cunha festa de caricias que xurdiu entre os peques que acabou nun obradoiro de masaxe improvisado. Estes pequechos non nos deixan de sorprender…