Este mes foi moi moi moi interesante e moi especial na nosa sala. Foi o mes da literatura e o gato garabato veu visitarnos co seu filliño. Deixounos un montón de contos pero un moi moi chulo ¡o da Vaca Lola! Cómo nos coñece este gato!!!
Tamén chegou a primavera á nosa escola así que pintamos coas nosas mans flores e bolboretas nos cristais. Tamén comemos pipas peladas e…
…pegamos unhas pouquiñas nun xirasois que pintáramos con pinceis. Logo plantamos algunhas e témolas na aula para que medren moito.
E como aspiramos a ser Master Chefs seguimos practicando con distintas receitas. Fixemos ovos frixidos con melocotón en almíbar e nata, pizzas con xamón, queixo, tomate e aceitunas, e chupas de biscoito. Damos a nosa palabra de que o comemos todo e estaba moi bo!
E aproveitando o bo tempo saímos dar un paseo polo xardín e recollemos flores. Aproveitando a inspiración pintamos unhas en papel continuo e logo pegámoslle as que recolleramos.
Nós seguimos traballando e disfrutando. Ata a próxima!!!