@S BAILARÍNS EN FEBREIRO
Bos días familias!!!
@s bailaríns xa estamos de volta para mostrarvos o que estivemos facendo durante estes meses.
En febreiro, co entroido, traballamos a arte do teatro. Unha vez máis o Gato Garabato deixounos agasallos e sorpresas que descubrimos seguindo as pistas, esta vez foron caquiñas.
Na nosa aula tamén apareceu unha maleta con disfraces e os monicreques do conto de “Carapuchiña Vermella”, que usamos para representar o mesmo conto.
Outro conto que traballamos foi o de “Os tres porquiños”, e logo pintamos as caretas dos porquiños e do lobo con pintura de dedos.
Ademais de traballar o teatro, traballamos o entroido de moitas formas diferentes!
@S BAILARÍNS EN MARZO
Ola familias!
E por fin… con marzo chegou a nosa arte preferida: O baile!
Veu chea de sorpresas…
Unha avoa fíxonos unha demostración de sevillanas e rumba, que logo nos imitamos.
Cristina, unha monitora de baile, amenizounos a xornada con diferentes bailes de pañuelo.
Pero non só bailoteamos, tamén fixemos máis cousiñas… como pintar! Pintamos bailaríns, pintamos a primavera…
Biquiños e ata outro día!