Xuntanza cos familias para o vindeiro curso 2014/2015

Oleiros, 28 de Maio de 2014

Estimadas familias:

Confirmadas as listas e polo tanto as prazas de renovación e de novo ingreso dos vosos fillos/as, queremos darvos a benvida a Escola Infantil “A Canteira”.

Confiamos en que este sexa o inicio dunha relación positiva e quedamos a vosa disposición para canto precisedes.

Dende o Equipo Educativo do Centro, coma todos os anos, convocámosvos a unha xuntanza inicial para as familias, onde se tratarán aspectos importantes para o desenvolvemento do vindeiro curso escolar 2014-15:

  • Quen somos e a nosa metodoloxía de traballo.
  • As pautas e normas do Centro
  • Como desenvolvemos o período de adaptación e as recomendacións para as familias.

O calendario para a realización das xuntanzas será o seguinte:

NIVEL

DÍA DA XUNTANZA

HORA DA XUNTANZA

LUGAR DA XUNTANZA

NIVEL I (AULAS 1 E 2)

NIVEL II (AULAS 3 E 4)

1 de Xullo

18:00 h.

PATIO PRINCIPAL

NIVEL III (AULAS 5,6 E 7)

2 de Xullo

18:00 h.

PATIO PRINCIPAL

 

 REUNIÓNS DE AULA E ENTREVISTAS INDIVIDUAIS

2 e 3 de Setembro (comunicaranse as horas os días das xuntanzas de nivel) 

DÍA DE PORTAS ABERTAS

4 de Setembro (De 10:00 a 13:00h e de 15:00 a 17:00h)

INCORPORACIÓN DO ALUMNADO

5 de SETEMBRO (alumnas/os renovados)

8 de SETEMBRO (alumnas/os de novo ingreso)

 

Nas correspondentes xuntanzas facilitaránsevos uns documentos, os cales, esperamos vos sirvan de axuda e guía:

  • Libriño da Escola. Nel recóllense horarios, calendario escolar, normas do centro e material que tedes que traer dende a casa.
  • Tríptico informativo sobre o período de adaptación.
  • Enquisa inicial do período de adaptación.

 

Aínda así, se quedades con dúbidas, trasladádenos as vosas inquedanzas e intentaremos resolvelas do mellor xeito posible.

NOTA: Por motivos organizativos e, para evitar interrupcións, prégase asistades a       Xuntanza sen nenos/as.

 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Un cordial saúdo do Equipo Educativo do Centro.

Que fixo a sala dos bailaríns en abril?

Bos días familias!

Chegou abril, e con el chegou tamén o mundo dos contos e da literatura.

Mirade cantas cousas fixemos!!!

Porque nós sempre tivemos moito, e agora que arrancamos a falar, xa non hai quen nos pare!

Vimos o conto de “A galiña Rosalía” e a raposa que non a daba atrapado, e pintamos as súas protagonistas.

  2 1

Logo saímos ó xardín na búsqueda dos ovos de Rosalía, que os deixou escondidos. Son moi bonitos, de moitas cores…

 5 4 3

 E de cor en cor… tamén traballamos arredor do conto de “Elmer”, un elefante diferente ó resto, pois era de tódalas cores menos de cor gris.

Mirade como pintamos os nosos Elmers:

6 7 8 

Como non podía ser doutra maneira, as “profes” tamén nos fixeron representacións de contos, aquí tedes o exemplo do conto de “Os chivo-chivóns”, que vimos no patio tod@s xuntiñ@s!

 9 10

De conto en conto, chegou o “Día do Libro”, e celebrámolo compartindo e intercambiando os contos que trouxemos das nosas casas.

 11 12

Xa non vos contamos máis por hoxe, así que ata a próxima!

A Sala da Vaca Lola no mes de abril

 Este mes foi moi moi moi interesante e moi especial na nosa sala. Foi o mes da literatura e o gato garabato veu visitarnos co seu filliño. Deixounos un montón de contos pero un moi moi chulo ¡o da Vaca Lola! Cómo nos coñece este gato!!!

1 

Tamén chegou a primavera á nosa escola así que pintamos coas nosas mans flores e bolboretas nos cristais. Tamén comemos pipas peladas e…

4 2 3 

…pegamos unhas pouquiñas nun xirasois que pintáramos con pinceis. Logo plantamos algunhas e témolas na aula para que medren moito.

 7 5 6

E como aspiramos a ser Master Chefs seguimos practicando con distintas receitas. Fixemos ovos frixidos con melocotón en almíbar e nata, pizzas con xamón, queixo, tomate e aceitunas, e chupas de biscoito. Damos a nosa palabra de que o comemos todo e estaba moi bo!

11 8 9 10

 E aproveitando o bo tempo saímos dar un paseo polo xardín e recollemos flores. Aproveitando a inspiración pintamos unhas en papel continuo e logo pegámoslle as que recolleramos. 

 13 12

Nós seguimos traballando e disfrutando. Ata a próxima!!!

 

               

Que fixeron en abril os fotógrafos?

O pasado mes de abril tivemos a visita  da enfermeira Fini ( a nai de Xiana); tróuxonos un montón de cousiñas: tiritas, esparadrapo, xeringas, etc.

Aprendimos a oscultar o noso corazón, a tomar a presión, a poñer un termómetro para saber se temos febre.

O recanto dos médicos está sendo todo un acerto. Gracias a poder xogar cos bonecos estamos perdendo o medo a ir ao médico.

DSCN4179

DSCN4187

DSCN4205

Celebramos o día internacional do Libro facendo un intercambio cos compis da aula.

Neste “stan” colocamos os contos que íamos a intercambiar. Foi unha experiencia moi positiva e marchamos moi contentos para casa!

DSCN4460

DSCN4463 DSCN4465 DSCN4468 DSCN4469 DSCN4472

Que aconteceu na aula 3 no mes de abril?

 

Aquí estamos outro mes máis. Neste mes dedicámonos á literatura e a historieta.

Entre outras cousas fixemos un mural coa axuda dos peques a modo de historieta contando mediante fotos e texto o que é unha xornada na aula e o expuxemos na rampa. Fainos moita ilusión vernos cada vez que subimos ó patio.

 

Agora que xa somos máis maiores e somos máis habilidosos, dedicámonos a descubrir xogos novos como o paracaídas.

 

Propuxemos unha actividade de tacto na aula, pero esta vez no lugar de traballar so coas mans fixémolo cos pés e con outras partes do corpo. Espímonos, tocamos e camiñamos por diferentes texturas (teas con pelo, teas lisas, alfombras rugosas, alfombra de céspede, plástico de burbullas…). Sen planealo, continuamos cunha festa de caricias que xurdiu entre os peques que acabou nun obradoiro de masaxe improvisado. Estes pequechos non nos deixan de sorprender…

DSCN6375 DSCN6380 DSCN6387 IMG_20140407_120312 IMG_20140407_120349 IMG_20140407_121024 IMG_20140415_102758 IMG_20140415_102832

Que aconteceu o mes de abril na sala da escultura?

 

 

Un mes máis aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

Este mes adicámolo á literatura…traballamos varios contos: CATARINA E O OSO, A VACA QUE PUXO UN OVO e ELMER. Vimos os contos, pintamos as personaxes, movémonos coma os animais dos contos,…Pasámolo xenial.

Na aula apareceu unha estantería nova, para ter a nosa biblioteca de aula.

Encántanos ver contos sentadiños na alfombra e tamén que no los conten…

Moitas gracias pola vosa colaboración.

dia do libro (1) dia do libro (2) DSCN6405 DSCN6410 DSCN6415 DSCN6416 ovos vaca ovos vaca (8)

Animádevos a participar o vindeiro o día da familia

Estimadas familias:

Coa intención de celebrar o “DÍA DA FAMILIA”, que terá lugar o xoves 15 de maio, querémosvos invitar a que pasedes un tempo con nós na escola, participando dun xeito activo. Para elo, podedes compartir as vosas experiencias ou habilidades: facer obradoiros (de cociña, de xogos populares…), contarnos contos, historias, cancións, etc.

Aqueles familiares interesados, poñédevos en contacto cos/cas titores/as de aula, antes do luns 12 de Maio.

 

Moitas grazas pola vosa participación

O equipo educativo 

 

Que fixo a Sala dos bailaríns en febreiro e marzo?

@S BAILARÍNS EN FEBREIRO

 Bos días familias!!!

@s bailaríns xa estamos de volta para mostrarvos o que estivemos facendo durante estes meses.

En febreiro, co entroido, traballamos a arte do teatro. Unha vez máis o Gato Garabato deixounos agasallos e sorpresas que descubrimos seguindo as pistas, esta vez foron caquiñas. 

1 2

3

Na nosa aula tamén apareceu unha maleta con disfraces e os monicreques do conto de “Carapuchiña Vermella”, que usamos para representar o mesmo conto.

 4

5

Outro conto que traballamos foi o de “Os tres porquiños”, e logo pintamos as caretas dos porquiños e do lobo con pintura de dedos.

6 7

Ademais de traballar o teatro, traballamos o entroido de moitas formas diferentes!

8 9 10

@S BAILARÍNS EN MARZO

 Ola familias!

 E por fin… con marzo chegou a nosa arte preferida: O baile!

Veu chea de sorpresas…

Unha avoa fíxonos unha demostración de sevillanas e rumba, que logo nos imitamos.

1

2

 Cristina, unha monitora de baile, amenizounos a xornada con diferentes bailes de pañuelo.

 3

4

5 

Pero non só bailoteamos, tamén fixemos máis cousiñas… como pintar! Pintamos bailaríns, pintamos a primavera…

 7

8

9 10

 Biquiños e ata outro día!