Que fixeron os arquitectos nos meses de febreiro e marzo?

En febreiro visitounos o gato Garabato. Como sempre non o vimos pero deixou un rastro, esta vez de cacas (si, si, cacas!). Quedamos abraiados. Este rastro levounos á entrada da escola onde nos deixou un agasallo moi especial: unha cesta chea de monicreques e un teatriño.

Este mes aproveitamos o noso conto dos tres porquiños: contámolo, escenificámolo, xogamos cos protagonistas, imitámolos…

E entre outras cousas tamén preparamos una agasallo para a visita do gato Garabato na festa de Entroido.

 

 

 

Xa pasou outro mes cheo de experiencias. O gato Garabato trouxo uns tutús de bailarina, como os do conto “Carina bailarina”.

Seguimos a traballar a motricidade e cada vez imos avanzando máis rápido.

No comedor somos máis autónomos e precisamos menos axuda.

Aínda que o pasamos moi ben tamén tivemos experiencias que non nos agradaron tanto, como o de pintar coas mans. Iso de mancharnos non nos gusta a todos/as.