Coa chegada do bo tempo imos necesitar…

Oleiros, a 25 de abril de 2014

Estimadas familias:

Coa chegada do bo tempo, precisamos novamente a vosa colaboración para que cada neno/a traia posta da casa protección solar e unha gorra para deixar na escola.
http://www.gif-paradies.de/gifs/natur/sonne/sonne_0135.gif

E lembrade que aqueles nenos/as que utilicen manta para a sesta, podédela cambiar por unha saba de verán.
http://www.gif-paradies.de/gifs/menschen-laender/kinder/kind_0048.gif

Aproveitamos tamén, para recordarvos unha serie de pautas que tedes que ter sempre presentes, coa finalidade de que nos axudedes a reforzar a autonomía dos nenos/as:

–        Evitade, na medida do posible, cinturóns, tirantes e cordóns nos zapatos.

–        Asegurádevos de que os mandilóns teñan velcro en lugar de botóns.

–        Intentade ter sempre na escola dous mandilóns (un para as actividades e outro para o xantar) e unha muda completa.

–        Non vos esquezades de que a roupa e todo o que traiades da casa, ten que vir ben marcado co nome.

 

 

Grazas pola vosa colaboración.

O equipo educativo do Nivel III.