Que fixeron os escultores nos meses de febreiro e marzo?

No mes de Febreiro e Marzo os escultores tivemos moito traballo que facer. Entre moitas cosas que fixemos coma podedes ver nas seguintes fotos, pintamos con chocolate ( Que rico estaba!!!!!!), nos arrastramos coma serpes pola aula, e tamén coma somos grandes actores, repesentamos unha obra de teatro para todo o cole do “LOBO FEROZ”. O pasamos moi ben e a todo o cole lle gustou moito a nosa representación.

Que maiores nos estamos facendo!!!!!!!

6-3-2014 016 6-3-2014 021 6-3-2014 092 DSCN3369 DSCN3370 DSCN3564 DSCN3568

6-3-2014 114 6-3-2014 119 6-3-2014 122 chocolate (1) DSCN4262 DSCN4263 DSCN6411

Que fixeron os arquitectos nos meses de febreiro e marzo?

En febreiro visitounos o gato Garabato. Como sempre non o vimos pero deixou un rastro, esta vez de cacas (si, si, cacas!). Quedamos abraiados. Este rastro levounos á entrada da escola onde nos deixou un agasallo moi especial: unha cesta chea de monicreques e un teatriño.

Este mes aproveitamos o noso conto dos tres porquiños: contámolo, escenificámolo, xogamos cos protagonistas, imitámolos…

E entre outras cousas tamén preparamos una agasallo para a visita do gato Garabato na festa de Entroido.

 

 

 

Xa pasou outro mes cheo de experiencias. O gato Garabato trouxo uns tutús de bailarina, como os do conto “Carina bailarina”.

Seguimos a traballar a motricidade e cada vez imos avanzando máis rápido.

No comedor somos máis autónomos e precisamos menos axuda.

Aínda que o pasamos moi ben tamén tivemos experiencias que non nos agradaron tanto, como o de pintar coas mans. Iso de mancharnos non nos gusta a todos/as.

 

Que fixeron os músicos nos meses de febreiro e marzo?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XA TEMOS AS FOTOS DO MES DE FEBREIRO DA AULA DOS MÚSICOS DONDE MANIPULAMOS DIFERENTES MATERIAIS E NOS DISFRAZAMOS EN ESPERA DA FESTA DO ENTROIDO, NA QUE CANTAMOS A NOSA CANCIÓN SELECCIONADA DO CANCIONEIRO QUE FIXEMOS ENTRE TODOS.

 

 MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

7-2-2014 174 7-2-2014 175

XA TEMOS AS FOTOS DO MES DE MARZO.

NA AULA DOS MÚSICOS ESTIVEMOS MOI OCUPADOS DISFRAZÁNDONOS COMO BAILARÍNS, MANIPULANDO TERRA E EXPERIMENTANDO E DISFRUTANDO CON ACTIVIDADES COMPARTIDAS COA SALA DOS PINTORES.

UN SAÚDO E ATA O MES QUE VEN.

7-2-2014 169 Copia de 6-3-2014 099 Copia de 6-3-2014 104 DSCN3955 DSCN3956

Que fixeron os pintores nos meses de febreiro e marzo?

 OLA A TODOS/AS, RECOPILAMOS ALGUNHAS FOTOS DO MES DE FEBREIRO DA SALA DOS PINTORES PARA QUE VEXADES O QUE ESTIVEMOS FACENDO.

ADEMAIS DE DISFRAZARNOS COS AMIGOS/AS DA SALA DOS MÚSICOS TAMÉN ELABORAMOS O AGASALLO DO GATO GARABATO PARA O DÍA DA FESTA.

TAMÉN FIXEMOS UNHA PEQUENA SELECCIÓN DAS FOTOS DOS ALMORZOS.

QUE MAIORES NOS ESTAMOS FACENDO!! 

DSCN3437 DSCN3439 DSCN3444 DSCN3529 DSCN3531 DSCN3532

OLA A TODOS/AS, EN MARZO ADEMAIS DE COMPARTIR ACTIVIDADES COS AMIGOS/AS  MÚSICOS, COMO A DA TERRA PARA O DÍA DA ARBORE, TAMÉN XOGAMOS CON DIFERENTES OBXECTOS DE COR AMARELA E VERDE. NA NOSA AULA XOGAMOS CON TARXETAS DE ANIMAIS DA GRANXA.

QUE BEN O PASAMOS FACENDO AS ONOMATOPEIAS DE TODOS ELES!!

6-3-2014 133

 

 

 

 

6-3-2014 099 6-3-2014 103 6-3-2014 128 6-3-2014 130 6-3-2014 131

Coa chegada do bo tempo imos necesitar…

Oleiros, a 25 de abril de 2014

Estimadas familias:

Coa chegada do bo tempo, precisamos novamente a vosa colaboración para que cada neno/a traia posta da casa protección solar e unha gorra para deixar na escola.
http://www.gif-paradies.de/gifs/natur/sonne/sonne_0135.gif

E lembrade que aqueles nenos/as que utilicen manta para a sesta, podédela cambiar por unha saba de verán.
http://www.gif-paradies.de/gifs/menschen-laender/kinder/kind_0048.gif

Aproveitamos tamén, para recordarvos unha serie de pautas que tedes que ter sempre presentes, coa finalidade de que nos axudedes a reforzar a autonomía dos nenos/as:

–        Evitade, na medida do posible, cinturóns, tirantes e cordóns nos zapatos.

–        Asegurádevos de que os mandilóns teñan velcro en lugar de botóns.

–        Intentade ter sempre na escola dous mandilóns (un para as actividades e outro para o xantar) e unha muda completa.

–        Non vos esquezades de que a roupa e todo o que traiades da casa, ten que vir ben marcado co nome.

 

 

Grazas pola vosa colaboración.

O equipo educativo do Nivel III.