CHARO E MOU TROUXERON UNHA SORPRESA PARA TODOS E TODAS

No mes de xaneiro, como xa sabedes, dedicámolo á música e tivemos a sorte de contar cunha nai de nivel III, Charo, e con Alberto Mouriño “Mou“, poeta e músico.

Mou trouxo os seus poemas que relatou Charo, e un instrumento para acompañalos, un hand drum.

Aquí deixámosvos un anaco do que foi este acontecemento no que descubrimos un instrumento moi curioso.