Este mes de xaneiro apareceu na escola espinas de peixe por toda escola,. Seguimos os restos ate atopar un agasallo que nos deixou o Gato Garabato.
Trouxo fotografías de instrumentos musicais de corda, vento e percusión coas que decoramos un recanto da aula.
Aproveitando que temos un compi músico, invitámolo á aula para que nos tocara coa guitarra unhas cantas melodías. Como nos gustou!.
Este mes tocamos un montón de intrumentos dende maracas, piano, guitarras, tambores…pero sen dúbida o que mais nos sorprendeu foi esta estupenda batería. Dimosllo todo.
Para decorar o patio fixemos un estupendo pentágrama.
Necesitaba unhas notas musicais que fomos pegar e descubrimos que hai notas que soan e outras que non.