Menú principal
Ola, qué tal vai todo? Por aquí seguimos superactivos e coa creatividade polas nubes. Imos contarvos qué fixemos durante o mes de Xaneiro. Mirade, mirade…
Xaneiro foi o mes da música, así que comezamos seguindo as espiñas que foi deixando o gato garabato que nos levaron ata unha ¡gaita! . Soaba moi ben e ó seu ritmo botámoslle uns bailes no patio xunto ós amigos da sala 5.
Tamén fixemos uns intrumentos musicais: maracas, violíns e pandeiretas. ¡Quedounos todo moi moi ben! ¿a que sí?
E para decorar a aula pintamos uns cedés e despois pegámoslles pompóns e colgámolos do teito. Son moi bonitos e brillan moito co sol.
Pero tamén fixemos outras actividades: gardamos cousiñas nas caixas da vida, xogamos cos calcetíns, … e mirade qué ven nos portamos mentres esperamos o conto na alfombra. Ah! E levámoslle a Celia, a nosa cociñeira, unhas pataquiñas que collemos na horta e fíxonolas con peixiño. Qué sorte temos!
Ata o próximo mes!!!