Que fixemos no mes de xaneiro na sala 5

Bos días a tod@s!

Coma tódolos meses, en xaneiro tamén apareceu o Gato Garabato pola escola para deixarnos unhas sorpresiñas… instrumentos musicais para traballar esa arte que tanto nos gusta @s bailaríns. E para chegar ó tesouro, tivemos que seguir o rastro das espiñas que lle caeron ó despistado michiño.

E cos agasallos do Gato Maragato, ensaiamos sen parar cos nosos gorros de músicos. Menudos concertos demos! Música melodiosa por un lado, e polo outro… as harmoniosas voces das “profes” cantando cancións do noso cancioneiro popular feito coa axuda das familias. Entre tod@s constituimos unha boa orquestra!

Tamén fixemos un bailongo cos compis da sala 6, ó son da gaita da “profe” María.

Pero como non todo vai ser festa… tamén traballamos a música dunha maneira máis didáctica: traballamos o son e o silenzo, traballamos a psicomotricidade fina facendo instrumentos de percursión e pintando instrumentos musicais…

E para variar un pouquiño de tanta música, canción e baile… Introducimos unhas notas de xelatina e chocolate nun pentagrama de papel!!!

Biquiños para tod@s e a seguir trouleando!